|
-
Australia ocupa o posto número 16 na clasificación de nacións que máis peregrinos aportan a Santiago, xusto detrás de Corea. Por iso a Xunta, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo intensifica as accións de promoción do Camiño de Santiago no continente.
-
A mostra "Camiño de Santiago. unha visión dende Oriente", do fotógrafo xaponés Tomohiro Muda, exhíbese no Instituto de Lingua e Cultura Españolas da cidade alemá de Kiel ata o 26 de novembro. Amósanse as imaxes tomadas polo fotógrafo xaponés durante as dúas peregrinacións que realizou a Santiago de Compostela.
-
Organizado pola Sociedade Española de Historia da Construción, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Máster Universitario en Renovación Urbana e Rehabilitación do Instituto Juan de Herrera, o VII Congreso Nacional de Historia da Construción reúne a expertos no mosteiro de San Martín Pinario ata o 29 de outubro.
-
Galicia rexistrou en setembro un total de 921.479 visitantes, un 5,44% máis respecto do mesmo mes do ano pasado. en 2011 contabilizáronse preto de 7,5 millóns de visitantes, o que supón un aumento do 6,4% respecto ao Ano Santo de 2010.
-
A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagoniza un congreso que congrega a expertos de diversos puntos de Europa para promover o recoñecemento da diversidade lingüística e do idioma propio de Galicia a través desta iniciativa.
-
A celebración destes cursos é un dos principais acordos adoptados no Workshop on Pilgrimate Studies, celebrado en Washington e ao que asistiron representantes de corenta universidade de Estados Unidos e Canadá. O Xacobeo presentou a película The Way.
-
A directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destaca “o espectacular incremento” de peregrinos coreanos que chegan a Santiago atraídos pola ruta xacobea. O fixo na presentación de tres libros sobre o Camiño de Santiago da escritora e xornalista surcoreana Kim Hyo.
-
O Museo Municipal de Ourense acolle a mostra O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da prata, que organiza o Museo Arqueolóxico Provincial para dar a coñecer o valor patrimonial desta ruta, eixo de referencia e sinal identitario.
-
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou a mostra “Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago”, que pode visitarse no Mupega ata o 24 de outubro. A exposición forma parte dun proxecto europeo liderado pola secretaría xeral, que promove a diversidade das linguas e das culturas europeas.
-
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, vén de rematar as obras de restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso polo tramo de San Xil do Carballo no concello lucense de Samos.
|
|