Notas

  • O proxecto 'ConArte no Camiño. Belas Artes para a transmisión dos valores universais do Camiño', promovido polo Grupo Compostela de Universidades (GCU), busca achegar os artistas ao entorno do Camiño de Santiago para que adquiran novas experiencias vitais, que sexan fonte de inspiración na creación de obras plásticas e escenografías, e que posteriormente sirvan de vehículos da transmisión do coñecemento e propicien o seu uso didáctico.
  • A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta de investigación que alberga datos actualizados dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións.
  • Este programa enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 21-22 leva a poesía e o cinema a cinco vilas galegas emblemáticas do Camiño Portugués: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui. Deste xeito, a arte tamén percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o Camiño é o protagonista.
  • O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia impartirá varios obradoiros en centros educativos de ensino primario e secundario no marco do proxecto 'Ciencia no Camiño', unha iniciativa que procura a promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago.
  • A iniciativa ‘CamiñoLab. Laboratorio do patrimonio cultural do Camiño de Santiago’, impulsada polo Grupo Compostela de Universidades (GCU) liderado pola USC xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, promove a creación dun observatorio de académicos internacionais focalizado no patrimonio deste itinerario cultural.
  • A retransmisión chegará a 16 países de Europa e América como Italia, Portugal, Holanda ou Arxentina, grazas a colaboración de Turespaña, a través de pantallas na praza do Gran Sablón en Bruxelas, na praza do Doumo en Milán, a de Pistoia, na Haia ou en Bos Aires. Ademais, a Televisión de Galicia retransmitirá todo o acto, a través do sinal convencional e da súa canle de Youtube.
  • O grupo musical A Quenlla é o gañador da oitava edición do Premio Internacional APECSA 2020 de divulgación do Camiño de Santiago, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA). O Xurado, presidido polo vicepresidente da Asociación promotora, Luís Celeiro Álvarez, destacou e valorou o traballo destes artistas poñendo música e editando un CD, “Trobador no Camiño”, coas dez cantigas do trobador, Martín de Padrozelos.
  • O III Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista' botou a andar este mércores de xeito telemático debido á pandemia por mor da COVID-19. O encontro celébrase os días 23, 24 e 26 de setembro baixo o lema 'E fazian fondamentos', palabras inspiradas no verso alfonsino 'e tragian muitas pedras para fazer fundamentos', que forma parte da segunda cobra da Cantiga de Santa María 358.
  • A mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias literarias.
  • A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións afondará no impacto que a pandemia da COVID-19 está a orixinar na ruta xacobea. A USC acaba de impulsar, ao abeiro da II Convocatoria de Proxectos de Investigación dous proxectos de investigación que se centrarán no influxo que a crise sanitaria está a ter na capacidade de carga turística do Camiño Francés, e no perfil do peregrino, pola outra. No marco desta convocatoria, tamén se creará a base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos ‘Rede Xacobea’.