OS PEREGRINOS SEGUEN A XOGARSE A VIDA PARA CRUZAR O RÍO EN VAOSILVEIRO, NO CAMIÑO DE FISTERRA-MUXÍAA Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, que agrupa aos establecementos rurais deste Concello, denuncia que, ás portas do vindeiro Ano Santo, o Camiño de Fisterra-Muxía, que está vivindo un gran auxe, continúe cortado á altura de Vaosilviero, no límite dos concellos de Cee e Muxía, porque a Administración non construíu aínda a tan demandada ponte sobre o río Castro. O pasado sábado, un matrimonio alemán, que percorrío esta Ruta cun Bono Iacobus, nada máis chegar á casa na que se aloxaba, manifestou o seu profundo malestar pola experiencia vivida nese punto do Camiño. A crecida do río polas últimas choivas fixo que xa non intentaran cruzalo. Elo obligoulle a tomar unha alternativa, que aumenta o percorrido e preto de 3 kilómetros. Pero o problema agravouse aínda máis ao non estar sinalizada esta variante, o que convirteu este último tramo do Camiño nunha odisea par aos cidadáns xermanos. Son moitos os colectivos que levan demandando esta actuación desde hai máis de doce anos, entre eles a Asociación Galega de Amigos do Camiño, concellos, veciños, entre outros colectivos. En varias ocasións, a Xunta anunciou que a ponte ía ser xa unha realidade, pero esta non chega. Ante esta caótica situación, a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural solicita da Xunta de Galicia que, á maior brevidade, comecen as obras de construcción da ponte de Vaosilveiro, para poder contar co paso ao comezo do vindeiro 2010, no que os peregrinos van aumentar considerablemente. De non ser posible rematar a obra prevista, prégase que par ao Ano Santo, os caminantes conten alomenos cun paso de madeira (ou similar) provisional. O colectivo de turismo rural muxiano demanda asimismo que sexa mellorada a sinalización do tramo do Camiño comprendido entre Fisterra e Muxía, no que os perEginos teñen moitos problemas de orientación, dificultade que se ve aumentada pola bidirecionalidade da Ruta. Xunta Directiva de Muxía Natural |
|||







