UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Universidade de Verán
Sarria (Lugo), do 27 ao 31 de xullo de 2009
Curso: Camiño de Santiago, Paisaxe e Comunicación
Director: Luís Celeiro Álvarez. l.celeiro@usc.es
Secretario: Xoán Piñeiro Cochón. xoanxose.pineiro@usc.es
Este curso conta co cofinanciamento do Concello de Sarria e de Renfe
Preténdese dar a coñecer a rota xacobea en Galicia como un espazo de comunicación, nunha paisaxe diferenciada, tanto no rural coma no urbano, e cuns valores histórico-artísticos de gran importancia no propio Camiño e na súa contorna. Tentaremos descubrir o patrimonio arquitectónico, artístico e paisaxístico desta ruta milenaria en Galicia, fortalecer o desenvolvemento dos valores de solidariedade e de amizade, coñecer e fomentar a ampla riqueza cultural do Camiño e contribuír ao respecto e á divulgación desas características que o fixeron patrimonio da humanidade.
PROGRAMA
Luns, 27 de xullo
Concello de Sarria. Rúa Maior 14
11,30 h. Inauguración do curso
12,00 h.
Brasil e o Camiño de Santiago
Elias J. Torres Feijó, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela
16,30 h.
A paisaxe dos medios no Camiño
Relatores:
Xosé Mª García Palmeiro, responsable de Comunicación do Consello da Cultura Galega
Noa Díaz Varela, xornalista da Universidade de Santiago de Compostela.
Ignacio Rodríguez, xornalista de El Progreso
Magdalena Rodríguez, profesora da Escola Universitaria de Turismo da Coruña.
María Auxiliadora Garrido, profesora de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Valladolid
Modera: X. R. Penoucos, xornalista de La Voz de Galicia
Martes, 28 de xullo
Concello de Sarria. Rúa Maior 14
9,30 h.
A pegada Xacobea e a impronta galega nos EE. UU.
Mario Pérez Rivera, empresario galego en América
11,00 h.
A narración sonora: as imaxes auditivas
Xosé Soengas Pérez, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela
12,30 h.
Xeografía e paisaxe vexetal do Camiño Francés en Galicia
Jesús Izco Sevillano, catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela
16,00 h.
Saída en autobús para Hospital do Incio
Igrexa do Hospital do Incio
Pilar Casas Gil, historiadora, especialistas en patrimonio histórico e cultural de Galicia
Visita á Ferrería do Incio
Mércores, 29 de xullo
Concello de Sarria. Rúa Maior 14
10,00 h.
O interese cultural e económico das rutas históricas
Relatores:
Cristovo Ramírez, xornalista e presidente da Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago (APECSA)
Segundo Vázquez Portomeñe, investigador da temática do Xacobea en Europa e coordinador do proxecto editorial “A Gran Obra dos Camiños de Santiago”.
Daniel García Blanco, autor de varios libros sobre distintos aspectos dos Camiños de Santiago
Roberto Castro Sieiro, xornalista da Universidade de Santiago de Compostela.
Manuel F. Rodríguez, técnico da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo
Modera: Manuel Vázquez Teijeiro
12,30 h.
A Paisaxe Galega no Audiovisual
Luis Hueso Montón, catedrático de Historia da Arte (Historia do Cine) da Universidade de Santiago de Compostela
Presenta: Ana Casanova, xornalista de El Progreso
Xoves, 30 de xullo
Concello de Sarria. Rúa Maior 14
10,00 h.
O urbanismo no Camiño de Santiago
Enrique Gómez-Reino Carnota, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela
11,00 h. Saída en autobús cara a Samos
11,30 h.
Visita ao Mosteiro de Samos
Xosé Luís Vélez Álvarez, Prior do Mosteiro de Samos
12,30 h. (No Mosteiro de Samos)
Recomendacións sanitarias para os camiñantes
Amalia Puga Martínez, directora do Departamento de Enfermería da Universidade de Santiago de Compostela
13,00 h.
Visita á Capela do Ciprés
14,00 h. Comida no Restaurante A Veiga
16,00 h. Camiñata ata Sarria
Venres, 31 de xullo
Concello de Sarria. Rúa Maior 14
10,00h.
O Camiño e o renacemento do século XII
Francisco Singul, historiador e técnico da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo
11,30h.
Xacobeo 2010, unha oportunidade comunicativa para Renfe
Javier Tascón, Delegado de Comunicación, Marca e Publicidade de Renfe en Castilla y León, Galicia e Asturias
13,00h. Clausura do Curso
*****
NORMAS REGULADORAS
A Universidade de Santiago de Compostela recoñece o curso “Camiño de Santiago, Paisaxe e Comunicación” aos efectos de libre configuración coa equivalencia de 2 créditos.
IMPORTE DA MATRÍCULA
-Taxa xeral: 120 Euros
-Taxa reducida, aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC: 70 Euros
-Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula-
PRAZO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo:
En liña por internet, a partir de 25 de maio
Presencial, a partir de 15 de xuño
Acaba o prazo: 3 de xullo
CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN
Campus de Compostela:
Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
981 563100, extensións 11018 e 11103
Fax nº 981 585255
Campus de Lugo:
Secretaría dos Cursos de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513
Fax nº 982 285914
DESCARGAR EN PDF
