Texto Resumen
Texto del Camino
Por aquí entrábase en Galicia, desde o reino de Léon. O peregrino podía optar por seguir cara a Lugo e retoma-lo Camiño en Palas de Rei... Pero o verdadeiro Camiño subía a máis abrupta das montañas parar chegar ó Santuario de O Cebreiro, a 1.300 metros de altitude, onde estaba o mosteiro fundado no século IX e que os monxes de San Giraldo de Aurillac rexentaron durante 400 anos.


En O CEBREIRO consérvanse as vivendas de orixe prerromana, denominadas Pallozas. En dúas delas instalouse o Museo Etnográfico da comarca, así como a hospedería, hoxe coma onte para atender ó peregrino.

Aquí quere a tradición que se obrara o gran milagre eucartístico que as crónicas sitúan no ano mil trescentos. O viño fíxose sangue e o pan fíxose carne nas mans dun crego incrédulo que desprezou o sacrificio dun campesiño que acudía a oír misa en medio dunha gran tempestade.
Os Reis católicos, peregrinos a Compostela, ó seu paso por O Cebreiro en 1486, prostrados ante o Milagre, doaron as ampolas nas que hoxe se conservan carne e sangue... Ó Cáliz, do Milagre, románico, do século XII, coñéceselle como o Santo Graal Galego e crese que nel atopou Wagner a inspiración para o seu Parsifal. De aquí arranca tamén, segundo se cre, a devoción ó Santísimo na capital lucense, coa súa exposición continua e a inclusión do cáliz nos escudos de Lugo e Galicia.
O templo, xoia do prerrománico, alberga a talla románica de Santa María la Real do Cebreiro, patroa da comarca. A tradición quere que a imaxe inclinara a cabeza, no momento do Milagre, para contemplalo mellor.

Os días 8 e 9 de setembro, celébrase aquí solemne romaría a Santa María e Santo Milagre, desde tempo inmemorial.
E a festa popular cobra todo o seu esplendor ó final do verán montañés, como os rigores invernais atopan a súa máis crúa expresión nesta terra combatida por tódolos aires, o máis difícil paso do Camiño de Santiago.

Seguimos pola estrada de alta montaña, que substitúe ou complementa o vello camiño: HOSPITAL DA CONDESA, tivo un hospital a finais do século IX, fundado pola condesa dona Egilo e templo tamén dependente de O Cebreiro.

Xa a comezos do século VIII, se fala de Linar de Rege, o actual LIÑARES, en tempos filial de O Cebreiro e lugar para as plantacións de liño para hospital e mosteiro.

No PORTO DO POIO comeza o descenso, en medio dunha fermosísima paraxe montañesa que enmarca a conca do río Navia.
Fonfría do camiño debe o seu nome á fría fonte do lugar que calmaría a sede de innumerables peregrinos. Do século XVI ó XIX houbo aquí un hospital de peregrinos dedicado a Santa Catalina, no que o peregrino recibía lume, auga, sal e unha cama con dúas mantas.

Pasamos BIDUEDO (con ermida que foi da Encomenda de San Juan de Xerusalén), Filloval, As Pasantes... Ramil (que xa se menciona nun documento do século IX) e chegamos a Triacastela, final de etapa no Códice Calixtino.

Nas proximidades de TRIACASTELA (tres castelos, tres castros ou mellor Tira cara a Castela) o Conde Gatón fundou no século IX un mosteiro que logo Ordoño II doou á igrexa de Compostela... Aquí guerrearon dona Urraca e Alfonso o Batallador... Aquí quixo erixir Alfonso IX a gran cidade de Triacastela Nova. O seu alcalde era de designación real.
Conserva hoxe Triacastela o edificio do vello hospital de peregrinos e o templo parroquial con ábsida románica. Modernamente ergueuse nesta vila un monumento ó peregrino do Camiño de Santiago, con pedra calcaria como a que os peregrinos levaban nos seus zurróns para colaborar nas obras da catedral compostelá.


Desde Triacastela a estrada apártase do vello camiño, aínda que discorre pola súa zona de influencia. E así, por ela nos diriximos a SAMOS, onde a súa abadía tivo un singular papel na atención ós peregrinos.

O mosteiro foi fundado no século VIII, quizais por mozárabes procedentes de Andalucía. O edificio, con templo e dous claustros, é barroco, con notoria reconstrucción efectuada tralo grave incendio de 1951.
Foi un importantísimo centro espiritual e cultural e aínda hoxe é lugar de recollemento e traballo, encravado nun recóndito val que nos traslada a épocas pretéritas.

Da súa primeira época conserva unicamente a prerrománica Capela do Ciprés.

Xa nas proximidades de SARRIA volvemos ó camiño en San Esteban de Calvor, a antiga Vila Calvaria. O templo parroquial está situado sobre un castro prerromano. Houbo aquí, antano, un mosteiro fundado no século VIII polo presbítero Adilán.
Sarria non está mencionada no Calixtino. Si, en cambio, a vila Santi Michaelis, que puidera se-la próxima zona prehistórica de San Miguel. Sarria é, quizais, a Flavia Lambies de que falou Ptolomeo. Era xa condado no século XII...

O torreón, resto do castelo dos Condes de Sarria, está situado na parte máis alta da vila. Construída esta fortaleza no século XIV, foi derrubada no XV, durante a rebelión dos Irmandiños.

Nas súas inmediacións atópase a Igrexa de El Salvador, románica, de planta rectangular. Existía xa a finais do século XI. A comezos do século XII, dona Urraca doouna ó Bispo de Mondoñedo. Fronte a este templo, atópase o edificio que albergou o Hospital de Peregrinos de San Antonio, fundado -segundo se cre- polo Conde de Lemos.

O Convento da Madalena, hoxe de Padres Mercedarios, ten igrexa de estilo gótico isabelino. O seu hospital daba cama e esmola ós peregrinos.

Tamén xunto ó camiño, Capela de San Lázaro, resto do antigo Lazareto para atención ós peregrinos enfermos.

A Igrexa de Santa María, ocupa o solar dun antigo templo románico.

De Sarria saímos pola Ponte Áspera, medieval, en dirección a Barbadelo.
O templo de BARBADELO, románico, dedicado ó Apóstolo Santiago, é Monumento Nacional. Está próximo ó lugar de Mosteiro, recordo sen dúbida do primitivo mosteiro anexionado a Samos a finais do século IX. Tímpano, frontis e lado norte son o máis destacado da Igrexa. Consérvanse, así mesmo, restos do antigo priorado benedictino, en estado ruinoso. Ata Barbadelo, e aínda ata Triacastela, chegaban os enviados dos hoteleiros de Santiago de Compostela ofrecendo hospedaxe, así como multitude de desaprensivos tratando de espolia-los peregrinos.

Ó final do municipio de Sarria, VELANTE (cun bo exemplo do máis humilde románico rural galego. E BREA (verea) un de tantos pobos que deben o nome á súa presencia secular á beira do Camiño.


Estamos xa no municipio de PARADELA.
Mirallos ten un templo románico moi interesante, que antes estivo instalado en Ferreiros e que foi trasladado aquí en 1790.

A nosa ruta é eminentemente rural, moi suxestiva para o viaxeiro, con pequenos núcleos, modestas igrexas, memoria de antigos hospitais e frondosa vexetación.
Moi cerca do camiño, Cortes, onde existe un bloque de lousa que se cre foi un altar de sacrificios. Coñéceselle como a Pena da ferradura do cabalo, polo parecido do seu tallado cunha ferradura.

En Loio existiu o Mosteiro de Santa María de Loio ou de Ribalogio, restaurado no século IX polo monxe Quintila, berce da Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago en Galicia no século XII. Hoxe nin sequera quedan as ruínas daquela gran casa.
Estamos xa moi preto do Portus Marinus -Portomarín.

O vello PORTOMARÍN estaba formado polos núcleos de San Pedro e San Nicolás, ós dous lados do Miño. A construcción do embalse de Belesar a comezos dos anos 60 fixo desaparece-lo vello pobo e os seus máis destacados monumentos foron trasladados pedra a pedra ó alto da lomba...
Cruzámo-la gran ponte sobre o río e entramos na vila pola escalinata de Nosa Señora das Neves.
No río aínda é posible contempla-los restos da vella ponte, de orixe romana, destruído polas hostes de dona Urraca e restaurado por Pedro Peregrino a comezos do século XII.
San Nicolás é o gran templo-fortaleza de Portomarín. Erixido no século XIII, pertenceu á Orde de San Juan de Xerusalén. Domina a cidade e desde o seu paseo de ronda contémplase unha amplísima panorámica do entorno.
La iglesia de San Pedro, románica, del siglo XII; la Casa del Conde, pazo del siglo XVI, y el Palacio de Berbetoros, del XVII, completan la monumentalidad de Portomarín rescatada de las aguas.
A Igrexa de San Pedro, románica, do século XII; a Casa do Conde, pazo do século XVI e o Pazo de Berbetoros, do XVII, completan a monumentalidade de Portomarín rescatada das augas. O novo Portomarín é un conxunto urbano no que se soubo conxuntar modernidade e historia, para seguir sendo marco adecuado do discorrer de peregrinos cara a Compostela.



Pasamos por CASTROMAIOR... O seu nome venlle do gran castro existente nas inmediacións.
Ten Igrexa románica, dedicada a Santa María. E chegamos a VENTAS DE NARÓN, última localidade de Portomarín, poboación que na Idade Media tivo gran importancia. Aquí deuse no ano 820 unha gran batalla entre árabes e cristiáns na que os cristiáns resultaron vencedores. O Códice Calixtino menciónaa como Sala Regina.

Por terras de MONTERROSO. En Ligonde, unha cruz de pedra recorda o lugar do antigo hospital, sostido pola familia dos Ulloa e do cemiterio de peregrinos. Carlos I e Felipe II, peregrinos a Santiago, fixeron parada neste lugar, entón de gran importancia.
A igrexa en Eirexe, románica con profundas modificacións, pertenceu á casa de San Marcos de León, da Orde de Santiago.

Desde Portos (Eirexe) moitos peregrinos desviábanse cara a Vilar de Donas... O seu templo románico é monumento nacional.
No século XII instaláronse aquí os cabaleiros da Orde Militar de Santiago, que combatían ós salteadores que abundaban no Camiño e esta igrexa foi o lugar de enterramento dos membros da Orde en Galicia.
Ademais de valiosos sarcófagos, a igrexa posúe fermosísimas pinturas do século XIV que -entre outros motivos- nos amosan as donas que costearon a construcción deste mosteiro e habitaron nel.


En Lestedo, con templo dedicado ó Apóstolo, houbo un cemiterio de peregrinos e un hospital, fundado pola familia dos Ulloa.
Chegamos a Rosario. Desde aquí vese ó lonxe o Pico Sagro, en Compostela. Por iso crese que o nome do lugar procede do rezo do rosario polos peregrinos, ó ver próxima a súa meta.
A duodécima etapa do Calixtino remataba en PALAS DE REI,
o Pallatium Regis, quizais relacionado co rei godo Witiza, que aquí residiría. Aquí comezaba o tramo final do gran Camiño e neste municipio incorporábanse moitos dos peregrinos que viaxaran a Lugo.
Se o municipio de Palas de Rei alberga importantes monumentos, na súa capital só a portada románcia da igrexa parroquial de San Tirso, é recordo do pasado.

E o Castelo de Pambre, do século XIV, a fortaleza medieval máis completa de Galicia, das poucas que quedaran en pé na revolución irmandiña. Foi construída por Gonzalo Ozores de Ulloa.
Aínda desviándonos da nosa ruta, visitamos o Pazo de Ulloa, unha das fam
ilias máis destacadas do medievo, que tomaron o seu apelido do río próximo, protectores de peregrinos. Neste pazo, a Condesa de Pardo Bazán centrou a súa máis famosa obra Os Pazos de ulloa. Aquí estivo en numerosas ocasións a raíña dona Urraca.
De novo no camiño, Porto de Bois, que foi escenario da batalla entre os da Casa de Trastámara e Fernando de Castro, o conde de Lemos, sendo derrotado este último e tendo que exiliarse, primeiro en Portugal e logo en Inglaterra.
Xa en terras coruñesas de Melide, entramos no Campus Leporarius do Calixtino (Campo de Lebres), hoxe chamado Leboreiro. Existe aquí unha igrexa románica dedicada a Santa María e consérvase o edificio do antigo Hospital de Peregrinos, con brasón dos Ulloa, os seus fundadores, a modesta Ponte de Disicabo, dun só arco, permítenos cruza-lo Río Seco... Moito máis maxestosa é a ponte medieval sobre o río Furelos, moi preto xa de Melide.


MELIDE é a capital dunha ampla e próspera comarca. A ela acudía o Cabido de Santiago a recibir ós novos arcebispos. Nesta cidade existiu o Mosteiro de Santic Spiritus, fundado no século XIV. A actual igrexa parroquial é un resto, reformado, daquel mosteiro, que tivo un importante e peculiar hospital anexo, onde se atendía ó peregrino con fogo e camas e albergue e esmola e caridade. En Melide uníanse o Camiño Francés e o que viña pola costa cantábrica -Vascongadas, Santander, Asturias- e entraba en Galicicia por Ribadeo.


Á entrada de Melide atopamos a Igrexa de San Pedro, que conserva a súa primitiva fachada románica e un fermosísimo cruceiro.
O Museo Terra de Melide conserva interesantes pezas, imprescindibles para entrar no pasado desta comarca.
Onde hoxe está a Capela do Carme do Castelo e o cemiterio houbo en tempos un castelo e anteriormente un castro.

Nas aforas da poboación a tamén románica Igrexa de Santa María, do século XII, xunto á que existe outro notable cruceiro, desde Melide pasamos por Boente, con templo parroquial dedicado a Santiago... para chegar a Castañeda. Aquí, en Castañeda, estaban os fornos de cal para as obras da catedral compostelá, para os que os peregrinos traían pedras calcarias desde Pedrafita e Triacastela.
Xa en terras coruñesas de Melide, entramos no Campus Leporarius do Calixtino (Campo de Lebres), hoxe chamado Leboreiro . Existe aquí unha igrexa románica dedicada a Santa María e consérvase o edificio do antigo Hospital de Peregrinos, con brasón dos Ulloa, os seus fundadores, a modesta Ponte de Disicabo , dun só arco, permítenos cruza-lo Río Seco... Moito máis maxestosa é a ponte medieval sobre o río Furelos, moi preto xa de Melide.

MELIDE é a capital dunha ampla e próspera comarca. A ela acudía o Cabido de Santiago a recibir ós novos arcebispos. Nesta cidade existiu o Mosteiro de Santic Spiritus , fundado no século XIV. A actual igrexa parroquial é un resto, reformado, daquel mosteiro, que tivo un importante e peculiar hospital anexo, onde se atendía ó peregrino con fogo e camas e albergue e esmola e caridade. En Melide uníanse o Camiño Francés e o que viña pola costa cantábrica -Vascongadas, Santander, Asturias- e entraba en Galicicia por Ribadeo.
Á entrada de Melide atopamos a Igrexa de San Pedro , que conserva a súa primitiva fachada románica e un fermosísimo cruceiro.
OMuseo Terra de Melide conserva interesantes pezas , imprescindibles para entrar no pasado desta comarca.
Onde hoxe está a Capela do Carme do Castelo e o cemiterio houbo en tempos un castelo e anteriormente un castro.

Nas aforas da poboación a tamén románica Igrexa de Santa María , do século XII, xunto á que existe outro notable cruceiro , desde Melide pasamos por Boente, con templo parroquial dedicado a Santiago... para chegar a Castañeda. Aquí, en Castañeda, estaban os fornos de cal para as obras da catedral compostelá, para os que os peregrinos traían pedras calcarias desde Pedrafita e Triacastela.

Cruzando o río Iso, en Ribadiso de Baixo, está o edificio que foi hospital de peregrinos. Un documento do século XV establece que o rector deste hospital debía socorrer ós peregrinos con toda caridade.

ARZÚA é o último gran pobo do camiño, a pouco máis de trinta quilómetros de Compostela. No centro da poboación está a Igrexa da Madalena , que antes foi do Convento dos Agustinos, que en Arzúa sostiveron un importante hospital.

Á saída de Arzúa, en As Barrosas, existe unha capela dedicada a San Lázaro , advocación común no camiño en recordo dos Lazaretos, para atención de peregrinos con enfermidades contaxiosas.
E outra vez Brea (verea, camiño)... E máis adiante, Rúa (rúa) con casas de vetustas pedras... para chegar a Arca , nome evocador da arca ou cofre que garda os restos do Apóstolo en Compostela.
Desde O Pedrouzo a Compostela, a Capital de Occidente. A cidade soñada, a capital da fin do mundo, que é comezo estaba aló, moi lonxe, detrás de montes, ríos, neves e xeadas... Está case ó alcance da man. A uns pasos. Pasou o traballo, o esforzo, o cansazo, a dor... Como primeira compensación, chegamos ó Monte do Gozo.
Neste último tramo non hai igrexas, non hai restos de hospitais... Santiago está aí, ó alcance da man.
O Códice Calixtino chama Lavamentula á actual Lavacolla... O peregrino, antes de entrar en Compostela, por amor ó Apóstolo, lavaba neste río as impurezas físicas da longa viaxe...
Quizais tamén esta auga simbolizaba a purificación que os sufrimentos do camiño proporcionaran ó seu espírito.

E chegara o momento no que o peregrino vise por primeira vez a Cidade Santa , a terceira das cidades natais da Cristiandade.
Había que subir ó Mons Gaudi, MONTE DO GOZO , Monxoi,
-vello castro- para comprobar, coa alegría que o nome do monte proclama, que aquí está o final do gran Camiño...
stamos xa na que Americ Picaud cualificou como A máis feliz e excelsa de tódalas cidades de España.

Os peregrinos rezaban neste monte ante a tumba do Corpo Santo... A tradición quere que sexa o sepulcro dun peregrino morto no Camiño e trasladado aquí -milagrosamente- polo Apóstolo.
Velaquí Santiago de Compostela. Desde hai case 1.200 anos a Capital de Occidente, a terceira das cidades santas da Cristiandade. Roma e Xerusalén quedan moi lonxe. De Xerusalén veunos a fe. Roma converteuse na cidade eterna. Pero só cara a Compostela ven polo ceo un camiño de estrelas, seguido na terra por millóns de devotos que foron trazando camiños coma este que hoxe rematamos.
Percorremos, pois, os 343 quilómetros do Camiño Primitivo desde a cidade de Oviedo a Compostela.
A este Camiño Primitivo non lle faltaron hospitais, milladoiros, fontes santas ou capelas, e se duro resulta algún tramo do Camiño Francés para aínda facer más meritorio o seu recorrido, duro é o Camiño Primitivo, que percorre a difícil xeografía montañosa entre Galicia e Asturias, e requiriu a construción de numerosos hospitais establecidos no seu percorrido para a atención dos peregrinos, sempre necesitados de axuda. E obtivo apoio constante dos diversos Reis, que fomentaron as peregrinacións por esta ruta, consolidando a relación entre a corte de Oviedo e Compostela.







