Camiño Primitivo

Non imos facer o puro Camiño Primitivo físico.
Imos percorrer o Camiño deixándonos influír polas pegadas que a peregrinación deixou no decurso dos séculos.

Camiño Primitivo de

Por iso facemos caso, dun xeito especial, á monumentalidade do contorno, a que xurdiu para impresionar, conmover, ós peregrinos; a que xurdiu como mostra da fe dos peregrinos e da peregrinación

Dicimos “Camiño de Santiago”, e o costume quere que automaticamente pensemos no Camiño Francés a Compostela.
Pero hai outros moitos camiños… Fálase de oito en Galicia, aínda que o certo é que na práctica hai tantos camiños como rutas posibles. Cada quen procura o seu Camiño.
E o Camiño Primitivo, xenuinamente noso, que ademais foi o primeiro. Ténselle chamado o “Camiño do Norte polo interior”, pero verdadeiramente é o Camiño Primitivo a Compostela, o Camiño Vello. O primeiro dos Camiños, dous séculos anterior ó logo coñecido como Camiño Francés, o único itinerario operativo no primeiro período da Reconquista, ó abeiro das invasións musulmáns.
É esta a vía xacobea máis antiga do mundo, solapada sobre un destacado itinerario prehistórico con gran acumulación de asentamentos castrexos, campos de mámoas e fitos da cultura megalítica, especialmente relevantes nas serras de El Palo, Montefurado e Hospital de Montouto, así como no condado de Mera, alén Miño… Unha verea antiquísima aproveitada como calzada romana entre Lucus Asturum a Lucus Augusti para a explotación mineira da cunca aurífera do río Navia, e de Lucus Augusti a Iria Flavia a través da vía XIX do itinerario de Antonino Caracalla.

0: COMPOSTELA E AS PEREGRINACIÓNS

Comezos do século IX. Reinaba Afonso II o Casto na zona hispana, con capital en Oviedo. Foi en 813 cando o anacoreta Pelaxio, despois da misa na igrexa de San Fiz, observou uns fulgores que producía un campo de estrelas baixadas do ceo.

Comunicoullo ó seu bispo, Teodomiro, en Iria Flavia, e concluíron que alí estaba o sepulcro do apóstolo Santiago, soterrado polos seus discípulos, poñéndoo no coñecemento do Rei Afonso II, Rei de Asturias e Galicia, que a Compostela veu confirmar que os restos atopados en San Fiz de Solovio eran os do Apóstolo Santiago, erixiu en 814 a primeira igrexa, potenciou o culto, e promoveu a primeira corrente de peregrinación desde Oviedo cara á cidade que nacía e que o Rei quería que fose “réplica fiel e exacta da ovetense”.
O monarca encargouse de difundir a boa nova por toda Europa, polo que moi axiña comezaron a chegar peregrinos que converteron a Compostela na terceira cidade santa da Cristiandade.
A peregrinación (a primeira, a do propio Rei) seguía un camiño curto, rápido, rectilíneo… un itinerario coñecido desde os albores da historia, que logo sería coñecido como Camiño “asturiano do interior”. Partía, precisamente, da capital do Reino, de Oviedo, onde estaban as reliquias do Salvador que o Rei mandara traer de Xerusalén. Quedaba establecida así a comunicación histórica entre as tres grandes cidades do noroeste peninsular ao comezo da Reconquista: Oviedo, primeira capital do reino cristián; Lugo, primeira cidade galega, e Compostela, destino das peregrinacións do Fisterra atlántico.
Nas “Partidas” de Afonso O Sabio, defínense ós peregrinos como aqueles que “andan en pelerinaje a Santiago, a San Salvador de Oviedo o a otros lugares de luenga e de extraña tierra”. Deixándose oír a interesada afirmación de que “Quien va a Santiago y no a San Salvador visita al criado y deja al Señor”. De feito é importante e ancestral o apoio entre os camiños do San Salvador de Oviedo -coa tradicional romaría á Cámara Santa- e a ruta xacobea primitiva, retroalimentándose como itinerario de ida ou de volta a Compostela.
Aquí chegaban peregrinos do Norte de España e de toda Europa, pero non pode entenderse o Camiño Primitivo como unha continuación. O primeiro dos Camiños comeza aquí.

Na “Historia General de España”, que Mayerne Tourquet publica en 1635, cando fala do reinado de Ramiro I, entre os anos 842 e 850, afirma que “En tiempo de este rey comenzó a extenderse por todos los pueblos europeos la fama de los milagros hechos por Santiago de Compostela, de tal manera que muchos peregrinos acudieron por tierra y por mar de todos los rincones de la Cristiandad”.
Cando a capital se despraza a León, xa no século X (910), o actualmente coñecido como Camiño Francés cobra carta de natureza, favorecido pola nova situación política, consolidándose no decurso do século XI pola acción de Sancho o Maior e Alfonso VI nas súas respectivas zonas de influencia.
De tódolos xeitos, o nome do Camiño Francés non é privativo do que na actualidade o ostenta, e o Camiño Primitivo tense coñecido en tempos como Camiño Francisco, Camiño de Ovedo, Camiño Francés de Oviedo, ou Camiño Francés de Asturias, tronco e matriz do camiño mesetario, que vén sendo a póla fundamental daquel itinerario iniciático. Xosé Sesto ten sinalado que “tódolos camiños que conducían ó Sepulcro do Apóstolo eran coñecidos en Europa como Camiño de Santiago e, en España, por Camiño Francés.
Aberta a ruta do sur, xa non sería o Primitivo o máis frecuentado, pero seguiu sendo utilizado durante séculos. Oviedo (coas Reliquias da Cámara Santa) seguía a ser un lugar moi importante de peregrinación, e tivo unha gran relevancia a prolongación histórica do Camiño Primitivo pola Strata Sancti Salvatoris ou Camiño astur-leonés, de León a Oviedo, así como o dilema no que se encontraron as peregrinacións medievais en chegando a León: Seguir a vía antiga a Oviedo, ou a nova polo Cebreiro… Quédanos o dito popular de “Estar entre San Marcos y La Ponte”.
Percorremos, pois, os 343 quilómetros do Camiño Primitivo desde a cidade de Oviedo a Compostela.
A este Camiño Primitivo non lle faltaron hospitais, milladoiros, fontes santas ou capelas, e se duro resulta algún tramo do Camiño Francés para aínda facer más meritorio o seu recorrido, duro é o Camiño Primitivo, que percorre a difícil xeografía montañosa entre Galicia e Asturias, e requiriu a construción de numerosos hospitais establecidos no seu percorrido para a atención dos peregrinos, sempre necesitados de axuda. E obtivo apoio constante dos diversos Reis, que fomentaron as peregrinacións por esta ruta, consolidando a relación entre a corte de Oviedo e Compostela.

1: Oviedo - Grado

Comeza esta primeira etapa na Praza da Catedral de Oviedo e remata no albergue de peregrinos de San Juan de Villapañada (20,9 km). Na metade da etapa atopase o albergue de El Escamplero.

Percorremos, pois, os 343 quilómetros do Camiño Primitivo desde a cidade de Oviedo a Compostela.
A este Camiño Primitivo non lle faltaron hospitais, milladoiros, fontes santas ou capelas, e se duro resulta algún tramo do Camiño Francés para facer aínda máis meritorio o seu percorrido, duro é o Camiño Primitivo, que percorre a difícil xeografía montañosa entre Galicia e Asturias, e requiriu a construción de numerosos hospitais establecidos no seu percorrido para a atención dos peregrinos, sempre necesitados de axuda. E obtivo apoio constante dos diversos Reis, que fomentaron as peregrinacións por este camiño, consolidando a relación entre a corte de Oviedo e Compostela.

En Oviedo, está o Arca Santa, que se garda na capela de San Miguel ou Cámara Santa, alí depositada polo Rei Alfonso II.

Oviedo

En Oviedo, está a Arca Santa, que se garda na capela de San Miguel ou Cámara Santa, alí depositada polo rei Afonso II
Quere a tradición que esta arca das reliquias estivese na corte de Toledo, despois de percorrer o norte de África, buscando seguridade para o seu contido. Agochada no Monsacro, preto de Oviedo, o Rei depositouna na basílica do Salvador. Cando se abre en 1075, en presenza do rei Afonso, aumenta a difusión en todo o mundo cristián, e os peregrinos chegan cada vez en maior número para a súa veneración.
Partimos de Oviedo, que foi chamada “cidade relicario” polo seu papel de custodio das sagradas reliquias.

 

Oviedo

Desde a Catedral, que alberga o Museo da Igrexa de Asturias, sáese pola praza da Catedral ou de Afonso II o Casto. Pasamos pola rúa de San Xoán, e polo lugar onde se saía do recinto amurallado, a porta de Socastiello.
Xa extramuros do vello recinto, chégase -rúa da Lúa- á praza de Santa Clara, con convento de MM. Clarisas, de mediados do século XIII. A cruz situada fronte ó convento sinalaba o comezo da zona rural .
Séguese polas rúas de Covadonga e Melquíades Álvarez onde está o moderno templo de San Xoán de comezos do século XX, que albergou a parroquia nacida no vello hospital deste nome.
Logo, rúas Independencia, Tenente Coronel Teijeiro, La Argañosa… Aquí houbo un acueduto (Los pilares) de 41 arcos e catrocentos metros de longo, que desde 1568 ata finais do século XIX trouxo á cidade as augas do Naranco.
Quedan non lonxe os monumentos ramirenses de Santa María e San Miguel de Lillo, exemplos perfectos da arte prerrománica.

DESDE OVIEDO

O primeiro núcleo habitado que atopamos no noso camiño é San Lázaro de Paniceres, con malatería que xa se menciona nun documento de 1331, proba de atención ós peregrinos enfermos.
Na aldea de Llampaxuga, hai que chegar ata a ermida do Carmen.
Seguimos as abas do Naranco, entre o monte e o val, con cumes impresionantes que vixían o noso camiño.
Despois de Lloriana e Fabarín, río Nora coa medieval Ponte de Gallegos, que evidencia a dirección cara onde camiñamos.

 

Oviedo

Do Concello de Oviedo pasamos ó de Las Regueras e comezamos a subir o Alto del Escamplero. No alto estivo o Hospital do mesmo nome, que se supón do século XIV, continuador do Mosteiro de San Martín que se menciona nun documento de finais do século XI.
Logo de Taraniello, Valsera, La Rabaza e Picarín, báixase ó val do río Nalón, para cruzalo pola histórica ponte de Peñaflor, onde houbo outro hospital de peregrinos fundado por Afonso VII en 1144. Na igrexa parroquial de Peñaflor consérvanse restos do antigo templo románico.
Aquí houbo fortísimos combates entre franceses e españois no decurso da Guerra da Independencia, loitando pola posesión deste valioso paso natural entre Asturias e a zona occidental da Península.
En Premoño houbo un hospital de peregrinos ata o século XVIII. Consérvase a súa capela e casa que o albergou, coñecida como a “Casona de la Portalada”.

GRADO

Foi o Rei Afonso X o que outorgou a carta fundacional da vila de Grado, a mediados do século XIII, e quen exercía a tenza do seu alfoz en 1256.
Nacida arredor do Camiño a Compostela, conserva a estrutura do burgo medieval. A súa muralla perviviu ata o século XIX, tendo unha moi importante vida política e comercial.
Houbo aquí un hospital de peregrinos da Nosa Señora das Candeas. Sábese da súa existencia na segunda metade do século XVII.
O Pazo de Valdecazana (do XVIII) é na actualidade a Casa da Cultura. Cómpre visitar a Capela barroca das Dores, tamén do século XVIII.

 

grado

Hai memoria, así mesmo, que -xa fóra de Grado- no lugar de San Juan de Lleñapañada ou Villapañada houbo un hospital da orde de San Xoán de Xerusalén para a atención dos peregrinos. Na actualidade hai un novo Albergue.

2: Grado - Salas

Saímos de Villapañada para percorrer esta etapa de 21,4 kilómetros e remata na fermosa vila de Salas, declarada Conjunto Históirico no 1994 .

PUEBLA DE CORNELLANA

Hai que coroar o cordal de Cabruñana e chegar ó Santuario da Virgen del Fresno, de gran devoción popular. Quedaba moi preto en tempos un lazareto, baixo a advocación do Santo Lázaro.
Tamén aquí, na Guerra da Independencia, deuse importante batalla polo control da vila na que confluían o Camiño Primitivo a Compostela e un ramal da Vía de la Mesa, que unía Asturias con León Pasamos por Los Morrones, San Marcelo e Dóriga (cunha fermosa igrexa con portada románica do século XII) e chegamos á Puebla de Cornellana.

 

Cornellana

O seu Mosteiro de San Salvador foi fundado en 1024 pola infanta Dona Cristina, filla de Bermudo II de León, e cedido en 1122 polo conde Suero Bermúdez, bisneto da fundadora, ós Benedictinos de Cluny, sendo o único mosteiro cluniacense das terras asturianas.
Consérvase a súa igrexa, románica, de finais do século XII, con fachada do XVII. O mosteiro e o claustro son de comezos do XVIII, conservándose unha portada románica e outra gótica.
De Cornellana a Salas pasamos por Sobrerriba, Llamas, Quintana, sempre preto do río Nonaya… En Casazorrina, vemos a igrexa de Santa Ana, con tallas románicas no seu interior. Despois de Mallecín, chegamos a Salas.

SALAS

Foi tamén Afonso X, o Rei Sabio, o que fundou a vila de Salas, e cóidase que ocorreu cara a 1270.

Xa en 1120 a Raíña Urraca doou ó conde Suero Bermúdez un castelo neste lugar, arredor do que iría nacendo o burgo que se veu engrandecido por formar parte da ruta a Compostela. Lembranza daquel vello castelo é a torre do palacio de Valdés-Salas, que se ergue airosa no medio da vila, proclamando ser o berce de Don Fernando Valdés-Salas, fundador da Universidade de Oviedo, inquisidor xeral e arcebispo de Sevilla.

 

Salas

O Pazo é do século XVI. Na torre, do século XIV, gárdanse elementos prerrománicos epigráficos e ornamentais procedentes da antiga igrexa de San Martín, do século IX.
En Salas hai que visitar a Colexiata de Santa María a Maior, de mediados do século XVI, de nave cadrada e cabeceira pentagonal, que no seu interior garda o mausoleo en alabastro de D. Fernando de Valdés-Salas.
Houbo tamén aquí en tempos un hospital para os peregrinos, se ben na actualidade só se conserva del a capela de San Roque, do século XVII.
Salas ten sido declarado Conxunto Histórico-Artístico, e merece unha detida visita.

3: Salas - Tineo

Deixamos Salas e nos enfrentamos coa etapa de 18,2, que pasando por A Espina remata en Tineo.

LA ESPINA

Desde Salas hai que subir á serra de Bodenaya (650 m), polo chamado ”Camín de misa”.
La Espina, onde conflúen os concellos de Salas, Tineo e Valdés, foi de sempre un importante cruce de camiños. Houbo aquí un importante hospital para peregrinos e camiñantes, que se sabe existía en 1268, e dependía do Arcebispo de Santiago, acreditando vencello con Compostela e paso deste Camiño Primitivo. Posteriormente, Fernando Valdés-Salas creou un novo hospital. Tamén aquí houbo a Malatería de Bazar, para atención de peregrinos enfermos.
De La Espina saen dous camiños: O que segue cara a Compostela, por Tineo e Pola de Allande e o que, baixando cara a o val do río Canero, segue pola zona da costa cara a Vegadeo.
En La Pereda comezan as terras de Tineo, e en tempos houbo un hospital de peregrinos.
Desde El Pedregal, todo é baixar. Xa nas inmediacións de Tineo, deberemos pararnos no Campo de San Roque, a contemplar a Ermida deste santo camiñante, do século XIII.

Flecha

TINEO

Á entrada de Tineo, no barrio de Cimadevila, monumento ó peregrino, erixido o Ano Santo de 2004.
O Rei Afonso IX, peregrino a Compostela, otorgou en 1222 na súa estadía no Mosteiro de Obona o privilexio de que o Mosteiro e a Vila de Tineo fosen paso obrigado para os peregrinos á tumba do apóstolo Santiago.
Xa daquela a Vila de Tineo tiña preto de tres séculos de existencia con xurisdición condal e de meiriño.
A igrexa de San Pedro é a do antigo convento de San Francisco do Monte, onde os PP franciscanos atenderon ós peregrinos desde o século XIII. Alberga no seu interior un importante Museo de Arte Sacro.
Son notables o Pazo dos Merás, do século XVI, e o dos García de Tineo, actual Casa da Cultura. A súa torre é do século XIII.
En Tineo aínda se conservan restos do hospital Mater Christi, erixido no século XIII para a atención ós peregrinos, o maior do Camiño en Asturias. Este hospital perdeuse na desamortización, como tamén se perdeu o antigo castelo da vila.

4: Tineo - Borres

Etapa Curta de 18 kilómetros para chegar a Borres, albergue con 12 prazas, se recomenda levar provisions desde Campiello

Preto aínda de Tineo, seguindo o camiño, atopamos o Mosteiro de Santa María A Real de Obona, importantísimo centro que se supón fundado no século VIII, que viviu os seus tempos máis brillantes nos séculos XIII e XIV, en virtude da disposición de Afonso IX que obrigaba a que por aquí pasase o Camiño a Compostela.
Logo o mosteiro pasou por diversas dificultades, que se agudizaron coa a exclaustración de 1835, no que quedou reducido a igrexa parroquial de San Antolín de Obona.

Modestos fitos do noso histórico camiño son Villaluz, Vega del Rei, Berrugoso, Campiello, El Fresno, El Espín, e Borres, con interesante igrexa. Aquí, no século XII, houbo un hospital de peregrinos, onde agora hai un albergue.

 

obona

5: Borres - Peñaseita

Desde Borres, ofrécense dúas rutas ó camiñante.
Unha delas (de 26,5 km de lonxitude), a chamada "Ruta dos Hospitais”, vai por Montefurado e Berducedo cara a La Mesa, mentres que a segunda (15,3 km) detense en Peñaseita despois de pasar por Pola de Allande. Esta complétase coa etapa número 6 (16,6 km), que chega ata La Mesa.
Tanto Peñaseita como La Mesa dispoñen de albergues de peregrinos

Pasado Ferroy, a Pola de Allande.
Se as anteriores poboacións importantes naceron por iniciativa real, a “Pobla allandesa” xurdiu porque o bispo Pedro, na segunda metade do século XIII, aportou propiedades para que os habitantes do concello de Allande puidesen “facer pobla”.

 

cienfuegos

Na vila, chama a atención o monumental Pazo de Cienfuegos, do século XIV, reedificado no XVI, que domina a poboación desde un alto, con tres torres que evidencian a súa fortaleza.

E a arquitectura relixiosa está representada pola igrexa de San Andrés, do século XVI, con numerosas reformas posteriores.

 

santiago-allende

Fóra xa de Pola de Allande, Peñaseita, con magníficas paisaxes, nas que destacan os restos de vellas explotacións auríferas.

 

Mapa Etapa 5

A segunda ruta máis longa acurta nun día o percorrido, pasa por La Montera, o alto de Hospital (1239), Montefurado e Berducedo, facendo parada no albergue de Berducedo

6: Peñaseita - La Mesa

Os peregrinos que elixisen a segunda ruta, a de Pola de Allande, e fixeran parada en Peñaseita, teñen ata La Mesa unha breve etapa de 16,6 km.
De non ter pernoctado en Peñaseita, a etapa desde Borres a La Mesa (por Pola de Allande), supón unha camiñata de 32 km.

Logo o Camiño segue por Montefurado, onde se xunta a xa mencionada rota “Dos Hospitais”, e onde en tempos houbo un hospital de peregrinos. A súa capela conserva unha talla de Santiago apóstolo.

penaseita

Lago e Berducedo son os dous últimos pobos do concello de Allande. En Lago, a igrexa conserva unha campá do século XVI, e á beira da igrexa un gran teixo declarado Monumento natural.
Berducedo, onde o acceso aínda se coñece como “Camín Francés”, ten igrexa do século XIV, e aínda a finais do século pasado había unha casa hospital, da que se conserva unha placa situada na fachada da casa do médico.

nubes

E chegamos A Mesa (con igrexa dedicada a Santa María Madalena, de finais do s. XVII)

7: La Mesa - Grandas de Salime

Desde La Mesa a Grandas de Salime hai só 16,5 km.
A orografía é complexa, pero así e todo o peregrino poderá - e deberá - recuperar forzas para o día seguinte poder acometer a última etapa asturiana e afrontar o difícil comezo do tramo galego.

Pasada La Mesa (con igrexa dedicada a Santa María Madalena, de finais do s. XVII), en Buspol – que tivo hospital de peregrinos, orixe do mesmo pobo- comeza a baixada cara a Grandas, cruzando sobre o salto construído en 1954 que sepultou o vello Salime. As paisaxes son impresionantes. En Grandas, houbo e hai unha barca para cruzar as augas do Navia.

grandas

Cóidase que a vila de Grandas de Salime xurdiu no século XII, por doazón do rei Fernando II, formándose ó longo do Camiño. En 1222, o privilexio do Rei Afonso IX tamén incluía a esta vila como paso para os peregrinos a Compostela.

grandas

A igrexa parroquial, do século XVIII, rematada no XIX co Pórtico, conserva a antiga portada románica incorporada ó edificio actual, e restos góticos e barrocos. Foi colexiata dependente de San Salvador de Oviedo ata o remate do século XVI.

Na antiga rectoral existe un moi interesante Museo Etnográfico.

8: Grandas de Salime - Fonsagrada

O noso camiñar por terras asturianas remata con esta etapa, e comeza o Camiño galego. Son 36 km de Grandas de Salime a Fonsagrada, que poñerán a proba as forzas do camiñante.
Bustelo del Camino é a última localidade de Asturias.
A Galicia éntrase polo Porto do Acebo (1.030 metros de altitude e a 170 km de Compostela).
Fonfría (Fonte Fría) é a primeira localidade galega.

En Castro, Chao de San Martín, castro no que se está investigando e vai contar cun centro de interpretación da cultura castrexa.
En Padraira houbo unha leprosería fundada a finais do século XVI.
Desde aquí, Xestoselo, Peñafonte e a última localidade asturiana: Bustelo del Camino.

EN GALICIA

A entrada en Galicia faise polo difícil Porto de O Acebo, a 1.030 metros de altitude. Desde os inicios de Galicia ata Compostela quedan 144 km. Aquí comezan o seu camiñar os peregrinos que só fan o tramo galego.
En terras lucenses, fortísimas pegadas e lembranzas deixan patente que houbo Camiño a Compostela.

Fonfria-camino-santiago

A primeira localidade de Galicia é Fonfría, fonte de auga fría, nome que tamén existe no Camiño Francés nas terras de Lugo. Aquí houbo un hospital de peregrinos da Encomenda de San Xoán de Portomarín. Tiña casa con oratorio, apousentos e enfermería… Sábese dela desde comezos do século XVII, e aínda a comezos do século XX estaba en funcionamento.
Lembranza daquel Hospital é a cruz de Malta que se conserva na igrexa, sobre a pía bautismal.
Pasamos as capelas de San Cosme de Barbeitos e Santa Bárbara do Camiño, e atopamos Paradanova coa capela de Santa Cruz, onde o Camiño se bifurca.
Un ramal lévanos a Fonsagrada, onde hai probas do paso dos peregrinos desde finais do século XII.

A FONSAGRADA

Na actualidade, A Fonsagrada é a cabeza do concello máis extenso de Galicia, onde está a Fons Sacrata da que a vila tomou o seu nome. Quere a lenda que o Apóstolo Santiago estivese nesta vila e fose atendido por unha probe viúva. Doído da súa pobreza, o apóstolo convertiu a auga desta fonte en leite, para alimento da viúva e dos seus fillos. A historia identifica este nome coa estación romana “Fontem Albei”, dentro do itinerario do século IV desde Asturias a Lucus Augusti.

Fonsagrada

Cóidase que a fonte sacra, logo cristianizada, orixinou o albergue de peregrinos e a primeira igrexa do pobo.
Hoxe, A Fonsagrada é a capital dunha ampla comarca, ofrecendo no seu Museo unha fonda ollada á etnografía das montañas do leste lucense.

 

fonsagrada

Moi preto de A Fonsagrada, San Xoán de Padrón, con igrexa do XVIII; e Montouto, onde de novo o camiño é un só.

9: Fonsagrada - O Cádavo

Son 29 km de Camiño, intensos, duros... dos que poñen a proba o ánimo e as forzas do peregrino. Se desde A Fonsagrada se nos ofrecen dous itinerarios, o peregrino non pode perderse ningœn deles. E aínda que signifique maior distancia, a fermosura das paisaxes e o esplendor da natureza, ben merecen un maior esforzo. A Pobra é historia feita pedra. O peregrino fará ben en visitala. E en Montouto volver sobre os seus pasos para afianzarse no Camiño.

A FONSAGRADA

O itinerario orixinario do Camiño é o da Pobra de Burón, A Puebla, núcleo fundamental da historia do Camiño Primitivo, e onde xa no século XIII se fala do “Camiño d´Ovedo”.
Nesta Pobra, capital de concello ata 1835, houbo ata catro hospitais, pero só quedan pegadas do de A Trindade, fundado a mediados do século XIV. A finais dese século menciónanse tamén os da Raíña e Santiago.

BuronCamino

A vila amosa a igrexa de Santa María Magdalena con valiosos retablos barrocos e neoclásicos, e os restos da fortaleza dos Conde de Lemos, e logo dos Altamira, que foi arrasada polos Irmandiños, despois reconstruída e agora esmorece baixo as choivas e os ventos.
Deixando a Pobra de Burón, que ten un barrio chamado O Milladoiro, A Bastida, que tivo Hospital e Hortas de San Lázaro, Casas de Leprosos, e igrexa románica dos cabaleiros sanxoanistas.
Xestoso, ó que se accede por un novo “Camín de misa”, tivo un Lazareto con capela que perdurou ata mediado o século pasado.
Hai que pasar o Pico Muradal (1.108 m) para chegar a Montouto. Debe Montouto – Monte alto- o seu nome a estar situado a 1.050 metros sobre o nivel do mar. Aquí houbo un hospital do que só quedan ruínas, fundado en 1360 polo rei Pedro I de Castela, alcumado O Cruel, co fin de “hospedar, recoger y albergar a los pobres peregrinos que van a Santiago”. Foi o máis importante hospital de alta montaña de Galicia. Reconstruído en 1698, a comezos do século XX aínda estaba en funcionamento, e na súa capela había unha romaría anual ó Señor Santiago.
Na entrada a Montouto, a Pedra-Fita de Pena Labrada sinalaba ós camiñantes perdidos nos duros invernos o seguro refuxio do albergue de peregrinos.

Montouto

Xúntanse aquí os dous ramais do camiño. E nas inmediacións un fermoso dolmen -As Pedras Dereitas- lembra os máis antigos tempos de vida humana nesta comarca.
Moi preto de Montouto, Alto do Cerredo, de 960 m. de altitude.
En Paradavella, que tamén foi dos cabaleiros de San Xoán de Portomarín, consérvanse pallozas e toda a fermosura da construción tradicional galega.
Cruza o camiño a localidade de A Degolada, a vella “Parata Decollata”, que no século XIII marcaba o límite do Condado Naviense. E logo A Lastra, tamén de dominio sanxoanista, para chegar a A Fontaneira(930 m), preto do alto do mesmo nome, con igrexa dedicada ó Apóstolo, que antes foi capela dun albergue de peregrinos.

O CÁDAVO

Chegamos ó chamado Campo da Matanza. A lenda quere que o Rei Afonso II o Casto se enfrontase no Campo da Matanza cun exército musulmán, quizais en defensa da vía libre a Compostela. O que é certo é que o Rei pasaría por estas terras cara a Compostela no tempo do descubrimento do sepulcro do Apóstolo.
Neste campo apareceron restos de armaduras, espadas e sepulturas, o que foi abondo para que a imaxinación popular acreditara a existencia desta gran batalla con vitoria do rei cristián e a conseguinte apertura da gran ruta a Compostela.

O Cádavo

Chégase ó Cádavo, capital do concello de Baleira, pola Carrileira de Santiago, e no Cádavo un novo albergue de peregrinos acredita o permanente paso do Camiño, se ben antes a localidade máis importante era A Esperela, cun vello mosteiro que deu orixe á actual igrexa románica con profundas modificacións posteriores.

10: O Cádavo - Castroverde - Lugo

A etapa 10, de 30 km, lévanos da montaña á chá, do Cádavo a Lugo, pasando por Castroverde. Neste tramo, Vilabade é un remanso de paz. E Soutomerille tan só ruínas agardando ser rescatadas do esquecemento. En Castroverde goberna os ceos a sœa monumental torre, soñando resucitar á vida para seguir vixiando o Camiño. A nosa ruta chega á cidade máis antiga de Galicia, a bimilenaria Lucus Augusti, Lugo.

Pasando o Alto da Vacariza, chégase a Vilabade, onde houbo unha comunidade franciscana dedicada, desde mediados do século XV, a atender ós peregrinos.

Vilabade

Daquel convento consérvase a igrexa, declarada monumento nacional… De estilo gótico, de mediados do s. XV, ten unha única nave e presbiterio cuberto de bóveda de crucería, reformado no XVII por Diego Osorio Escobar, arcebispo de Puebla e virrei de México.
O retablo barroco é de 1759, obra de Francisco Lens, e está presidido por unha imaxe de Santiago Matamouros. O fermoso pórtico da igrexa, neoclásico, é produto dunha remodelación.
Á súa beira, pechando a praza, o Pazo de Abraira-Arana, a Casa Grande de Vilabade, dedicado ó turismo rural. Erixido por Diego Osorio para o seu retiro, compleméntase coa capela de Nosa Señora do Carmen, que acollía a Confraría da Virxe tamén fundada polo Virrei de México.

Pero o antigo Camiño, o aínda chamado Camiño Francés, ou calzada principal, ía de O Cádavo a Castroverde por A Frairía e Vilalle, ao tempo que o desvío polo camiño real de Vilabade co seu mosteiro franciscano non subía ao Porto da Vacariza senón que comunicaba directamente desde O Cádavo pola ermida do Carme.
A capitalidade do concello, Santiago de Castroverde, Santiago de Vilariño na súa denominación relixiosa, ten igrexa dedicada ó Apóstolo, e torre da homenaxe do vello castelo dos Lemos, que logo foi dos Altamira, que sube ó ceo desde o século XIV.

castroverde

Hai constancia da existencia do pobo desde finais do século IX, como parte do condado de Trastámara, e sábese dun hospital de peregrinos desde finais do XIII.

De Castroverde a Lugo, San Miguel do Camiño, Souto de Torres, Santa María de Moreira (onde hai unha “Leira do Camiño de Santiago”) e Vilar de Cas.

Aquí, en Vilar de Cas, unha de tantas desviacións do camiño… Unha vía iría por Paderne, Romeán e Báscuas. A outra, a principal, por Soutomerille e Gondar, que logo foi decaendo.

Soutomerille

Soutomerille, en tempos importante núcleo de poboación, tivo mosteiro, conserva igrexa prerrománica, con reformas de comezos do XVII, e monumentais casas. Pero hoxe só é silencio.
En Gondar houbo un importante hospital, que en 1369 se permutou ó convento de A Nova xa que os peregrinos preferían o novo trazado por Romeán e Báscuas. O edificio sobreviviu ata comezos do século XX.
Unha “Costa francesa”, evidencia do Camiño, unía Gondar con Báscuas. E de aí o camiño ía por Carballido (que garda un Santiago peregrino do século XV), polo Santiago de Fóra (Parroquia de Santiago de Castelo, na actualidade), á vella Lucus Augusti.

A CIDADE DE LUGO

Na cidade de Lugo, o Camiño entraba pola Chanca e subía polo Carril das Flores, entrando ó recinto amurallado pola Porta de San Pedro ou Toledana. Atopaban alí o primeiro hospital, o de Santa Catarina.

Lugo

Velaquí o novo albergue de peregrinos no Camiño Primitivo, na cidade de Lugo.
Os viaxeiros pasaban pola Rúa de San Pedro. Ó final desta rúa está a capela do Sancti Jacobi, que aínda na actualidade é a parroquia de Santiago, A Nova. Esta parroquia, incluíndo o Santiago de Fóra, está entre as fundacionais da igrexa lucense.
Seguían pola que hoxe é a Praza Maior, en tempos Cortiñas de San Román, onde a cidade de Lugo situou a sede do seu Concello.

Lugo

Nunha primeira fase, as hortas do pazo bispal desviaron a rota xacobea pola rúa dos Cregos, facendo a entrada á catedral pola fachada principal. Posteriormente, o acceso pasou a efectuarse pola Praza de Santa María e pola Porta Norte, chamada por iso dos Perdóns. Nas súas inmediacións había un hospital.
Os peregrinos oraban diante do Santísimo permanentemente exposto na Catedral lucense, diante da imaxe románica da Nosa Señora dos Ollos Grandes e, naturalmente, na capela de Santiago. A Catedral, comezada a erixir polo mestre Raimundo en 1129, é un fermoso conxunto dos estilos románico, barroco e neoclásico.

San Pedro Lugo

Pezas monumentais indispensables na xeografía lucense son o claustro gótico do antigo convento franciscano, hoxe ocupado por dependencias do Museo Provincial, a igrexa deste mesmo convento, o convento de Santo Domingo, a Igrexa de San Froilán ou o pazo do Concello de Lugo, de 1738.
E a súa muralla romana, que abraza a cidade histórica e ofrece un orixinalísimo paseo elevado polo seu adarve, á que hai que sumar as históricas termas, herdanza de Roma, á beira do río Miño, onde tamén existe unha ponte chamada romana porque romana foi a súa traza inicial.

Muralla Lugo

Había Albergues-Hospitais na Porta Miñá (San Miguel), na Praza do Ferrol (San Bartolomé), outro na Raíña-Dr. Castro, e o último en San Lázaro. A rede hospitalaria lucense foi ampla, tanto no Burgo Vello como no Burgo Novo, incluíndo distintas albergarías e casas arredor da Catedral.

11: Lugo - San Romao da Retorta

Desde Lugo a San Romao da Retorta hai 19 km. Pero se ó peregrino lle interesa o misterio, vaia a Santalla de Bóveda e intente penetrar no seu significado oculto polos séculos. O Camiño que pisa o peregrino é unha vía con máis de vinte séculos de historia. Un miliario demostrou que o Camiño discorre pola vía XIX do Itinerario de Antonino, estrada principal da rede romana de occidente.

DESDE LUGO

Después de salir de la Catedral, calle de Buen Jesús, los peregrinos bajaban por la calle del Miño, pasando por la Fuente da Pinguela. También seguirían esta ruta los peregrinos llegados a Lugo por el desvío del Camino Francés.

Muralla

Primero salían por la Porta Miñá del recinto amurallado. Desde mediados del XVI, después de que el Obispado cediera sus derechos sobre la Puerta de Santiago, salían por ésta, bajo una estatua de Santiago Matamoros.
Antes, pasarían junto al lugar que ocupa la Capilla del Carmen (siglo XIX), que sustituyó a una ermita de la Virgen del Camino, imagen que se conserva en un retablo de este templo. Bajarían por el Regueiro dos Hortos, por la calzada romana o por la Calzada Medieval, y después de cruzar el Puente Romano llegaban al barrio de San Lázaro, donde hubo un importante hospital para atención de peregrinos enfermos... En sus inmediaciones, Termas romanas, citadas por Plinio y cantadas por el Licenciado Molina.

Puente romano

Saíndo de Lugo cara a Compostela, atopamos San Xoán do Alto con igrexa que foi mosteiro. E logo San Vicente do Burgo, con igrexa barroca, e onde houbo un hospital de peregrinos.

O burgo

Preto do Camiño, templo soterrado de Santa Eulalia de Bóveda, monumento nacional, de orixe relixioso paleocristián, que conserva un interior abovedado, co conxunto de pinturas murais tardo antigas ou altomedievais máis importantes do Occidente. Bóveda atópase nun desvío do camiño cara a Sobrado dos Monxes.

Boveda

Prógalo ten unha igrexa románica cunha imaxe de Santiago peregrino.
En Bacurín, igrexa románica da segunda metade do século XII, dedicada a San Miguel. Ten unha soa nave e ábsida semicircular. É notable a súa portada con arquivoltas, tímpano bilobulado e columnas con capiteis de inspiración corintia. O pazo de Bacurín, chama a atención, especialmente polo arco de acceso.
Pásase polo lugar de O Francés, e tamén polo de Hospital de Mera, topónimos referentes ó paso do Camiño.
San Pedro de Mera é a última localidade do Concello de Lugo no Camiño Primitivo. Tivo hospital de peregrinos onde se ofrecía ós camiñantes lume, auga e sal.

Romao

Xa no Concello de Guntín, igrexa de San Romao da Retorta, románica, do século XII, con alteracións posteriores.
Aquí atopouse un miliario que evidencia que o camiño que seguimos coincide coa vía romana XIX do Itinerario de Antonino.
Tamén románica (do século XII) é a igrexa de Santa Cruz da Retorta, cun crismón “trinitario” labrado no tímpano da porta norte, típico das zonas por onde pasan os Camiños a Compostela. Na portada principal hai un relevo de Cristo abenzoando, entre o sol e a lúa.
O peregrino podía seguir polo Burgo de Negral, en terras de Friol, onde houbo un hospital atendido polos freires de Ferreira de Pallares que daban ós peregrinos “lume, auga, vestido e limosna”. Logo está O Pacio, tamén de Friol.

O Camiño Primitivo, ó longo da súa historia, sempre se dirixiu en liña recta de Lugo a Melide, cruzando O Careón polo Hospital das Seixas, Santiago de Vilouriz, Vilamor e a aldea de Compostela. O desvío de Augas Santas a Palas de Rei, é un invento moderno, sen o máis mínimo rigor histórico.

Pero a falla do albergue fai que o peregrino opte por pernoctar en Friol

12: San Romao da Retorta - Melide

De San Romao, con igrexa románica do século XII, parte o Camiño cara a Melide. Son 25 km dunha etapa doada coa que se entende remata o Camiño Primitivo, xa que Melide é un cruce de camiños, pero nós seguiremos a ruta a Compostela. Se o noso Camiño é o primeiro, hai que entender que os antigos peregrinos foron os que marcaron Camiño ás rutas que logo coincidiron con este trazado.

Retomando o camiño en San Romao da Retorta Tamén románica (do século XII) é a igrexa de Santa Cruz da Retorta, cun crismón “trinitario” labrado no tímpano da porta norte, típico das zonas por onde pasan os Camiños a Compostela. Na portada principal hai un relevo de Cristo abenzoando, entre o sol e a lúa.

Sta-cruz-retorta

O peregrino podía seguir polo Burgo de Negral, en terras de Friol, onde houbo un hospital atendido polos freires de Ferreira de Pallares que daban ós peregrinos “lume, auga, vestido e limosna”. Logo está O Pacio, tamén de Friol.

Pero a falla do albergue fai que o peregrino opte por pernoctar en Friol

Pequenas aldeas onde atopamos Seixalbos, Xende, Ferreira… En Ponte Ferreira, no Concello de Palas de Rei, ademais da ponte romana, hai unha igrexa románica de finais do século XII, que pertenceu a Vilar de Donas.
Tamén en Palas de Rei, Augas Santas (que nos fala de fontes salutíferas), onde se sabe que no século IX houbo un mosteiro, e San Salvador de Merlán, con igrexa que conserva fermosos restos románicos.

 

vilouriz

O Camiño Primitivo, ó longo da súa historia, sempre se dirixiu en liña recta de Lugo a Melide, cruzando O Careón polo Hospital das Seixas, Santiago de Vilouriz, Vilamor e a aldea de Compostela. O desvío de Augas Santas a Palas de Rei, é un invento moderno, sen o máis mínimo rigor histórico.
Santiago de Vilouriz pertence xa ó Concello de Toques. E, xa preto de Melide, San Antoíño de Toques, que tivo un mosteiro beneditino, e conserva igrexa prerrománica do século IX.
Este é o remate da nosa vía primitiva, porque desde aquí o Itinerario é o mesmo có do Camiño Francés.

Melide

De sempre Melide -que ten albergue de peregrinos- foi consciente do seu papel de punto de converxencia de camiños, e ó lado da igrexa do Espírito Santo (que foi convento franciscano), a praza central da Vila, chámase Praza dos Tres Camiños, porque aquí conflúen o Camiño Primitivo, o Camiño do Norte, e o Camiño Francés a Compostela.

Melide iglesia