O Colexio de Xornalistas explora o labor dos medios na difusión do Camiño de Santiago

 Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, co patrocinio de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, organiza en Vigo do 29 ao 31 de Outubro as Xornadas de Comunicación e Turismo: O Camiño de  difusión do Camiño de SantiagoSantiago e o Xornalismo , nas que se vai procurar afondar no labor dos medios de comunicación na difusión do Camiño de Santiago, pero tamén na creación de relatos sobre outras realidades alleas.

As xornadas, con presenza de recoñecidos expertos, celebraranse na Fundación Caixa Galicia (Policarpo Sanz, 21) de Vigo.

Numerosos expertos van analizar, ao longo de tres días, como nos vemos, como vemos e como nos ven. Como a palabra e a imaxe constrúen a ollada e como esta se comunica. Entre outros, as xornadas contarán coa presenza deCesar Antonio Molina, ex Ministro de Cultura, os escritores Miguel Anxo Murado, Xosé Miranda Ruiz e Miguel Anxo Seixas Seoane; ou profesionais da comunicación como Eduardo Rolland, quen realiza neste momento a guía turística de Galicia do National Geographic, o fotoxornalista e academico da Real Academia Galega de Belas Artes, Xurxo Lobato; ou Silvia Rozas, do gabinete de prensa do Arcebispado de Santiago de Compostela, entre outros salientables nomes.

A asistencia ás Xornadas de Comunicación e Turismo: O Camiño de Santiago e o Xornalismo e completamente gratuíta. As persoas interesadas poden inscribirse até o día 28 de Outubro enviando un mail a xornalistas@xornalistas.com.

As xornadas van ser inaugurada o venres 29 de outubro ás 19:00 horas, que abrirá César Antonio Molina, escritor e ex Ministro de Cultura, cunha conferencia inaugural, que disertará sobre o tema "A literatura como camiñar".

O sábado 30 de outubro a xornada realízase tamén en horario de tarde, comezando ás 17:00 coa conferencia "A imaxe de Galicia a través das guías turísticas", impartida polo xornalista Eduardo Rolland. Ás 18:00 horas, X.M. García Palmeiro, director de comunicación do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago, director de culturagalega.org, Silvia Rozas Barrero, do Gabinete de Comunicación do Arcebispado de Santiago de Compostela e Patricia Blanco, xornalista de La Voz de Galicia, debaterán arredor de "O papel dos medios de comunicación na evolución do Xacobeo dende 1993". Os escritores Miguel Anxo Murado e Xosé Miranda pecharán esta segunda sesión das xornadas, ás 19:30, coa conferencia "Os outros camiños".

A última sesión, o domingo 31 de outubro, celebrarase de mañá e vai estar dedicada a como se ve Galicia e o camiño dende fóra. O programa dará comezo ás 11:00 horas cunha mesa redonda titulada "No camiño: A ollada dos que veñen", na que participarán Thelma Putnam, profesora na escola municipal de teatro de Ourense e Mark Guscin, responsable de relacións internacionais do Concello de A Coruña. Ás 12:30, Migual Anxo Seixas Seoane, historiador da Arte, fechará as xornadas coa conferencia "Viaxeiros en Galicia: A ollada dos que viñeron".

O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.